Saltar ao contido

A Axenda Urbana de Tui remata
o proceso de participación

  • Novas

Nos últimos meses a cidadanía participou aportando a súa visión e contribuíndo na realización da análise DAFO da cidade

A Axenda Urbana de Tui pechou o seu proceso participativo con máis de trescentas enquisas telefónicas realizadas, 230 enquisas on line recollidas e un proceso participativo no que se implicaron preto de cen membros de directivas de asociacións, colectivos, clubs deportivos e comunidades de montes.

A estas cifras súmanse as persoas participantes en entrevistas semiestruturadas que de xeito individual foron consultadas para achegar ao proceso a súa percepción sobre as eivas e fortalezas de Tui. Voceiros e voceiras dos distintos grupos da Corporación, técnicos municipais e os principais actores chave que profesionalmente ou socioculturalmente e mesmo económicamente interactúan con Tui foron entrevistados de xeito individual.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, explica que ao longo dos últimos meses tivo lugar un proceso participativo, nunca antes realizado en Tui, no que de diferentes xeitos se recolleu a opinión da cidadanía. O obxectivo foi realizar unha análise DAFO que ofreza unha aproximación o máis real posible á situacion actual de Tui en tódolos eidos, social, económico, cultural e medioambiental.

Enquisas telefónica, mesas de traballo, entrevistas individuais e como apoio unha enquisa on line que recolle información do parecer que teñen as persoas que viven, visitan ou están vencelladas a Tui.

A Axenda Urbana de Tui non é un documento político, é unha estratexia que recollerá o crecemento sostible de Tui a dez anos e indispensable para poder optar ás axudas dos fondos europeos Next Generation.

A cidadanía pode consultar as novidades e o proceso de redaccción na páxina web propia da estratexia https://axendaurbanatui.gal/

Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiación para redactar a súa Axenda Urbana.

Tui camiñará hacia un desenvolvemento sostible no que a procura dunha mellor calidade de vida para a veciñanza é o obxectivo prioritario e farao cun documento consensuado financiado cos fondos Next Generation e que planificará os vindeiros dez anos en liña con dez obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

Dos 8131 concellos que hai en España tan só 121 foron seleccionados para a redacción dunha Axenda Urbana.