Plan de acción
O Plan de Acción é un Documento Estratéxico que debe ser a guía para a implementación da Axenda Urbana en Tui. Recolle os problemas e retos identificados no modelo urbano actual tanto na análise dos datos cuantitativos (Diagnose) como dos cualitativos (Participación) e expón un conxunto de accións para a creación dun modelo de municipio aliñado cos obxectivos estratéxicos e específicos no marco estratéxico español e internacional en materia de axenda urbana e rural. Estas accións, segundo define a propia AUE, perseguen a difusión de boas prácticas, a xeración de cultura participativa e a transferencia de coñecementos, así como estimular a creatividade e proporcionar solucións viables para o desenvolvemento urbano sostible.
Resumo executivo
Concretar unha serie de liñas de actuación que rexirán o desenvolvemento futuro do municipio cara a sustentabilidade económica, social e medioambiental.
Participación e gobernanza
Cobra especial relevancia a participación cidadá e a gobernanza tanto no proceso de elaboración da Axenda Urbana como na súa execución e seguimento.
«A Axenda Urbana Española, tomada en consideración polo Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións a levar a cabo ata 2030, para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saludables e concienciados. Constitúe un verdadeiro “menú á carta” para que todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación, poden elaborar os seus propios Plans de Acción»
Axenda Urbana Española