Cales son os obxectivos da Axenda Urbana?
Obxectivos
Tanto a Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas e a Axenda Urbana para a Unión Europea como a Axenda Urbana Española parten dunha necesaria visión integral do concepto sustentabilidade, abordando de forma simultánea os eidos ambiental, social e económico.
Así, os obxectivos que inclúe a Axenda Urbana Española son amplos e ambiciosos, dando resposta a eses tres grandes ámbitos (ambiental, social e económico). Centrando os obxectivos, os principios e valores características que constitúen a aposta desta Axenda, o seu marco estratéxico pode estruturarse identificando un Decálogo de obxectivos de primeiro nivel, que desprega á súa vez un total de 30 obxectivos específicos. Así mesmo, estes acompáñanse dunhas liñas de actuación que aportan posibles alternativas para incidir en cada un deles.
Os 10 obxectivos de primeiro nivel da Axenda Urbana Española son os seguintes:
Obxectivo 1
Ordenar o territorio e facer un uso racional do solo, conservalo e protexelo
Obxectivo 2
Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente
Obxectivo 3
Previr e reducir os efectos do cambio climático e mellorar a resiliencia
Obxectivo 4
Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular
Obxectivo 5
Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible
Obxectivo 6
Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible
Obxectivo 7
Impulsar e favorecer a Economía Urbana
Obxectivo 8
Garantir o acceso á Vivenda
Obxectivo 9
Liderar e fomentar a innovación dixital
Obxectivo 10
Mellorar os instrumentos de intervención e a gobernanza
Que é a Axenda Urbana?
Unha Axenda Urbana é un documento estratéxico, sen carácter normativo, e que trata de abandeirar unha nova visión do urbanismo. Persegue, polo tanto, a consecución de cidades, vilas e pobos sostibles, inclusivos, seguros e resilientes. Concíbese como unha folla de ruta aberta a continuas melloras e reformulacións que implica a todos os axentes, públicos e privados, que interveñen o territorio e buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación.
A Axenda Urbana de Tui debe dar resposta ás necesidades particulares do noso municipio, pero incluíndo os compromisos adoptados nas Axendas de carácter supramunicipal, que son: