Xestión sostible dos recursos e economía circular
Obxectivo Estratéxico 4: Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer la economía circular
4.1. SER MÁIS EFICIENTES ENERXETICAMENTE E AFORRAR ENERXÍA
Situación actual: Si
Observacións: Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) de novembro de 2020. Fonte: Concello de Tui
Accións asociadas:
- Mellora da eficiencia enerxética dos edificios públicos
- Renovación da iluminación pública municipal
Situación prevista e compromisos a 2030: Si
Observacións: O PACES de Tui ten como horizonte o ano 2030
Situación actual:
109,93 tep/hab/ano ANO 2010
Edificios municipais: 0,74%
Edificios residenciais: 30,81%
Alumbrado público: 1,1 %
Transporte público: 0,35%
Flota municipal de vehículos: 0,35%
Transporte privado e comercial: 66,92%
Observacións: Fonte: PACES de Tui. Situación inicial (ano 2011).
O PACES de Tui analiza toda a información do documento con ano de referencia 2010 e marca como previsión e obxectivo o 2030. É por isto que na casa de situación actual márcanse eses datos de 2010 ante a inexistencia de datos de 2022.
A clasificación por sectores é a definida no propio documento do PACES de Tui, facendo os cálculos coa metodoloxía especificada na AUE
Accións asociadas:
- Mellora da eficiencia enerxética dos edificios públicos
- Renovación da iluminación pública municipal
Situación prevista e compromisos a 2030: 65,96 tep/hab/ano ANO 2030
De tal maneira que se reduza o consumo nun 40%.
Observacións: Obxectivo establecido a partir do PACES de Tui.
4.3. FOMENTAR O CICLO DE MATERIAIS
Situación actual: Si
Observacións: Plan de Compostaxe a tres anos (2020-2021-2022) ampliable a 2023 e con posible prórroga. Fonte: Concello de Tui
Accións asociadas: 14. Mellora do aproveitamento forestal de Tui
Situación prevista e compromisos a 2030: Si.
Observacións: Existencia dun novo Plan de Compostaxe no caso de que a prórroga do actual non chegase a 2030
Situación actual: 28.191,44€
Observacións: Plan de Compostaxe a tres anos (2020-2021-2022) ampliable a 2023 e con posible prórroga.
Datos do ano 2021 de investimentos realizados en funcionamentos asociados á compostaxe. Fonte: Concello de Tui
Accións asociadas: 14. Mellora do aproveitamento forestal de Tui
Situación prevista e compromisos a 2030: 30.000€
Observacións: Investimento anual estimado do posible novo Plan de Compostaxe. Cifra a revisar.
4.2. OPTIMIZAR E REDUCIR O CONSUMO DE AUGA
Situación actual: Non
Observacións: Fonte: Concello de Tui
Situación prevista e compromisos a 2030: Si
Observacións: Previsión de desenvolver un Plan da Seca en Tui.
Situación actual: 0%
Observacións: Fonte: Concello de Tui.
Situación prevista e compromisos a 2030: 0%
Observacións: Previsión de completar a rede separativa de augas en todo o chan urbano do municipio para a recuperación, tratamento e aproveitamento das augas pluviais e grises para a súa reutilización.
Aínda así, non hai accións previstas que afecten a porcentaxe deste indicador.
4.4. REDUCIR OS RESIDUOS E FOMENTAR A SÚA RECICLAXE
Situación actual: Si
Observacións: Recollida selectiva de residuos: Negro (xeral), Amarelo (envases de plástico, latas e bricks), Azul (papel e cartón), verde (vidro). Ademais hai contenderes específicos para a recollida de roupa usada; aceite usado (doméstico) e de pilas e CDs
Punto limpo en Guillarei para a mellora da xestión de residuos: papel e cartón; vidro; electrodomésticos; pilas/baterías; Plásticos, latas e bricks; residuos infecciosos e perigosos (xiringas, radiografías antigüas,…); roupa usada; aceite usado (doméstico).
Fonte: Concello de Tui.
Situación prevista e compromisos a 2030: Si
Observacións: Cumprir coa nova recollida de residuos que se contempla na Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular.
Creación dun Punto Verde para a recollida e tratamento dos restos vexetais.
Situación actual:
Residuos sólidos urbanos (tn/hab/ano): 156,90
Recollida selectiva en porcentaxe: 29,51%
Observacións: Fonte: Concello de Tui
Situación prevista e compromisos a 2030:
Residuos sólidos urbanos (tn/hab/ano): 140
Recollida selectiva en porcentaxe: 50%
Observacións: Establécese un obxectivo a 2030 sendo conscientes de que nin é unha competencia exclusivamente municipal polo que podería non cumprirse.