Saltar ao contido

DIAGNOSE

Nun contexto de impulso cara ao reforzo das administracións locais por parte da Unión Europea a través das súas políticas de cohesión, no período 2021-2027, por primeira vez, dedícase ás entidades locais un dos cinco obxectivos políticos de investimento da UE. Nun futuro próximo, os fondos europeos e estatais virán ligados dalgún modo á Axenda Urbana como instrumento estratéxico para conseguir unha política de desenvolvemento sostible e participado. Seguindo nesta liña, non deben entenderse como unha ferramenta coa única finalidade de conseguir financiamiento. As Axendas Urbanas propoñen un cambio na gobernanza, na que un dos factores clave é o diálogo entre todos os axentes do territorio. No ámbito estatal, a Axenda Urbana Española aprobada no ano 2019 establece unha metodoloxía de traballo para a elaboración dos Plans de Acción Locais. Este documento seguirá este sistema para asegurar unha aliñación cos ODS establecidos pola Axenda 2030 e a nova Axenda Urbana das Nacións Unidas.

Diagnose

En liña co establecido na Axenda Urbana Española AUE, a presente memoria trátase dun documento no que englobar todo o traballo previo en feito en materia de planificación estratéxica e dar un paso máis, propoñendo accións específicas coas que poder aplicar os obxectivos expostos.

https://axendaurbanatui.gal/wp-content/uploads/2022/09/Plan_de_Accion_Tui_Fase1_Analisis.pdf