Saltar ao contido

Programa 10, a parroquia de Malvas ponlle voz a súa veciñanza

No marco do proceso de participación da redacción da Axenda Urbana de Tui realizouse un intenso proceso participativo percorrendo cada parroquia da cidade para conversar sobre o seu presente e visión do futuro incidindo en fomentar a conversa arredor de aspectos económicos, sociais, culturais e medioambientais. A parroquia de Malvas é a de maior extensión de Tui, membros da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común e da súa asociación de veciños visitaron o noso programa de radio.