Saltar ao contido

Economía urbana

Obxectivo Estratéxico 7: Impulsar e favorecer a Economía Urbana

7.1. BUSCAR A PRODUTIVIDADE LOCAL, A XERACIÓN DE EMPREGO E A DINAMIZACIÓN E DIVERSIFICACIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA

Situación actual: Si

Observacións: Obradoiro Emprego 2022 (Río Furnia): Aprobado para comezar coa súa execución; período temporal de Vixencia entre outubro 2022 e outubro 2023; orzamento 665.000€
Programa Integral de Emprego (para mulleres): en fase de solicitude;período 2022-2023; importe solicitado 297.619,05€.
Oficina Acelera PEME: aprobado; período de vixencia setembro 2022 – setembro 2024; Importe: 200.000€
Fonte: Concello de Tui.

Accións asociadas:

  1. Creación dun espazo de innovación económica transfronteiriza e nodo
    de intercambio modal de transportes.
  2. Desenvolvemento de espazo para mercado e feira.
  3. Posta en marcha de programas de apoio económico.
  4. Ampliación e mellora das infraestruturas industriais

Situación prevista e compromisos a 2030: Si

Observacións: Previsión de elaboración de novos plans de mellora da economía e a competitividade local, que recollan actuación en materia de emprego e actividade económica unha vez se remate de executar os actuais.
Fonte: Concello de Tui.
Ao seu final, será preciso prever estas partidas orzamentarias i engadilas na correspondente revisión trianual do presente Plan de Acción.

Situación actual: 140.571,53€.

Observacións: Proxecto “COMMERCE INSIDE” co obxectivo de transformar o comercio local dotándoo de ferramentas para afrontar os retos competitivos do futuro vinculados á actividade turística.
Fonte: Concello de Tui.

Accións asociadas:

  1. Creación dun espazo de innovación económica transfronteiriza e nodo
    de intercambio modal de transportes.
  2. Desenvolvemento de espazo para mercado e feira.
  3. Posta en marcha de programas de apoio económico.
  4. Ampliación e mellora das infraestruturas industriais

Situación prevista e compromisos a 2030: 2.000.000€

Observacións: Previsión de levar a cabo a Remodelación da Praza de Abastos e a súa contorna e implantación e regularización do mercadillo, xunto a mellora da imaxe e servizos do mercadillo, para convertelo nun referente do mercado ambulante.
Datos que se derivan da Acción destinada ao desenvolvemento do espazo para mercado e feira da Axenda Urbana de Tui.

7.2. FOMENTAR O TURISMO INTELIXENTE, SOSTIBLE E DE CALIDADE E OS SECTORES CLAVE DA ECONOMÍA LOCAL

Situación actual: Si

Observacións: Proxecto “COMMERCE INSIDE”. En proceso de licitación, período de vixencia xaneiro 2022-decembro 2022
Fonte: Concello de Tui.

Accións asociadas:

  1. Mellora das conexións territoriais.
  2. Estudo para o aproveitamento dos recursos termais na contorna de Caldeas.
  3. Rehabilitación do Teatro Principal.

Situación prevista e compromisos a 2030: Si

Observacións: Previsión de levar a cabo a remodelación do mercado e a súa contorna e a mellora da implantación e a regularización do mercadillo xunto a dixitalziación asociada ás actividades alí implantadas.
Datos que se derivan da Acción destinada ao desenvolvemento do espazo para mercado e feira da Axenda Urbana de Tui.

Situación actual:

2021
43.584 (peregrinos: 13.956; turistas: 29.628)
2022 (enero-julio)
18.911 (peregrinos: 5.844; turistas: 13.067)

Observacións: Fonte: Oficina de Turismo de Tui

Accións asociadas:

  1. Mellora das conexións territoriais.
  2. Estudo para o aproveitamento dos recursos termais na contorna de Caldeas.
  3. Rehabilitación do Teatro Principal.

Situación prevista e compromisos a 2030: 60.000 visitantes.

Observacións: Queda pendente a revisión do sistema de conteo de turistas no municipio, xa que agora só se fai referencia aos visitantes que visitan fisicamente a oficina de turismo, a cal cambiou de localización.